O humorista gaditano Miki Dkai será o protagonista do espectáculo“Sois maravillosos”, que terá lugar o domingo 27 de outubro, no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 18,30 horas.. Este monólogo conta coa producción de Pares o Nones e tamén terá un compoñente solidario, pois unha porcentaxe das entradas, que teñen un prezo de 11 euros, será destinado para a asociación Aspadisi, e xa están postas á venda, no propio centro social deste colectivo, nos establecementos Solaina e A Fuchela, e na plataforma woutick.es. Este evento foi presentado na mañá de hoxe polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o representante da productora, Juan Pablo Quintela, que estiveron acompañados por un grupo de persoas da asociación de discapacitados intelectuais.
“Sois maravillosos” é unha refrescante comedia na que Miki Dkai abre as portas do seu fogar, e mergúllanos no día a día xunto coa súa esposa ‘La Pilar’ e as súas encantadoras fillas. Deste xeito, o espectáculo descúbrenos a rutina dun pai rodeado de catro mulleres, cun irresistibel toque humorístico. Dende lidiar coun só baño ata compartir un único coche ou enfrontarse a épicas aventuras familiares, Miki ensinaranos coma, nun abrir e pechar de ollos, o máis simple pode converterse nunha odisea. Sen embargo, ao remate da xornada, lembraranos que a familia é o tesouro máis preciado.
Cunha traxectoria que inclúe exitosas presentacións na TVE, Comedy Central e o Club da Comedia, Miki Dkai ofrécenos este monólogo cómico co seu particular toque andaluz, que promete arrincar as gargalladas do público asistente.