Os socialistas do Irixo denuncian o abandono da área arqueolóxica de Cangues por parte do goberno municipal

lamentan que se abandone o patrimonio do irixo mentras se proxecta millóns en pistas de padel no irixo para divertimento das familias foráneas.

os socialistas levan o pleno unha moción para a recuperación urxente, conservación e posta en valor da área arqueolóxica de cangues, totalmente abandoada, que se suma xa a ducia de mocións socialistas para a recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio do irixo, sen que se fixera nada.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentará unha moción para ser tratada no próximo Pleno da Corporación, PARA A RECUPERACIÓN URXENTE, CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE CANGUES.

Os socialistas na súa moción expoñen;

PRIMEIRO.- Que a ÁREA ARQUEOLÓXICA DE CANGUES está nun estado de total abandono, que impide poder ser visitada o estar xa no medio dos toxos e silvas e ser imposible o seu acceso, ademáis de que xa non existe ou non se leen os paneis e indicadores que permitían chegar á mesma así como a súa interpretación.

SEGUNDO.- Que esta ÁREA ARQUEOLÓXICA DE CANGUES era un dos poucos restos arqueolóxicos sinalizados e visitables no concello de O Irixo, sinalizados e con paneis interpretativos,si ben na actualidade xa ningún destes existe ó estar no medio dos toxos e silvas o igual que os restos arqueolóxicos ademáis de non ser lexibles.

Que ademáis, o risco de incendios pon en perigo os propios restos arqueolóxicos que poderían sufrir danos o estar rodeados totalmente de maleza que ao arder podería cas altas temperaturas sufrir danos, por eso é necesario unha actuación urxente.

TERCEIRO.- Que é necesario unha intervención urxente para eliminar a maleza que inunda a ÁREA ARQUEOLÓXICA DE CANGUES para evitar un incendio que a poida deteriorar e despois acometer a reposición das sinalizacións e paneis informativos da propia Área así como outras actuacións complementarias que poñan esta pequena mostra da ARQUEOLÓXICA do Irixo en valor.

CUARTO.- Recordar que os socialistas levamos o pleno do Irixo nos últimos anos xa cerca dunha ducia de mocións para a recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio do Irixo, sen que se fixera nada, namentres o goberno municipal fai alarde dunha gran inversión na estación cun centro deportivo para as familias, con pistas de padel e outras infraestruturas.

QUINTO.- Que entendemos que é imperdoable que se anuncien obras e proxectos para atraer os de afora O Irixo mentres non se fai nada por recuperar, conservar e poñer en valor o patrimonio do Irixo.

Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:

Que o Concello de O Irixo mediante unha modificación de crédito habilite unha partida orzamentaria para A RECUPERACIÓN URXENTE, CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE CANGUES cos seus propios medios e/ou a axuda de outras administracións como prioridade máxima para o Concello fronte a outros proxectos non necesarios.