O Centro Sociocomunitario do Carballiño está a piques de rematar o seu calendario estival e teñen xa en marcha a programación para este novo curso. Polo de agora, aínda contan con actividades deportivas ata rematar setembro.
Así, nos vindeiros días abriranse o prazo de inscrición para ximnasia de mantemento, ioga, pilates, cachibol, zumba, baile, e bodybalance. Tamén terán talleres de memoria e servizo de podoloxía.
As actividades nas que xa está o prazo aberto son as de canto e pandereta, teatro a cargo do grupo Tiruleque, e as actividades para nenos de baile e ioga.