O concello de Ribadavia amplía a súa oferta deportiva.

IES CHAMOSO LAMAS

Destacan de novidades a programación de Andainas, o aumento da oferta en sábado, e tamén os circuítos saudables que será tamén exterior, levándose as clases ao exterior, na Veronza e no Xestal.

Levarase tamén esta oferta da concellaría de deportes ás parroquias do municipio, achegando a actividade deportiva a todos os veciños. Estase traballando para programar nos seus centros sociais.

HIPER MASIDE

O luns día 13 de setembro bota a andar o novo curso 21/22 ca oferta de actividades físico-deportivas da Concellaría de Deportes. Que constan de programa adultos, programa infantil, servizo de adestrador persoal e o uso libre das instalacións, este ano como novidades ofertase os sábados en horario de mañá:

1. CIRCUITOS SAUDABLES : Actividade dirixida ao aire libre que se desenvolverán inicialmente na área recreativia A Veronza e no complexo Deportivo O Xestal.

2. ANDAINAS SAUDABLES : Con carácter mensual/quincenal, os circuitos saudables compleméntase cun programa de andainas saudables. Comezarase con dúas propostas (incluídas no plan Galicia Saúdable) CIRCUITO I de intensidade moderada de 6,5 Km. Ribadavia – Francelos – Ribadavia; CIRCUITO II de intesidade lixeira de 4,5 Km. Ribadavia – San Cristovo – Ribadavia. E despois ampliarase a oferta en novos circuítos.

Esta programación vai dirixida a todo os cidadáns, e ten como obxectivo o incremento da actividade física entre a poboación en xeral tendo como finalidade principal a saúde .

Ademais das novidades de Andainas, do aumento da oferta en sábado, e dos circuítos saudables, continuase co adestrador persoal das actividades físico – deportivas, xa que os socios e socias do servizo así o pediron.

Desde o Concello considerase ademais que a oferta deportiva nas parroquias do municipio terá moi boa acollida, achegando a actividade deportiva a todos os veciños e veciñas de Ribadavia.

Valoración positiva desde o Concello.

Desde a Concellaría de Deportes, que dirixe Enrique Rodríguez, faise unha valoración moi positiva da boa acollida que está a ter a oferta do Concello.

– Satisfacción pola tempada verán na piscina, xa que a pesar das medidas restritivas e dos problemas estruturais da piscina, fa satisfacción dos usuarios da piscina así como dos cursos de natación foi moi alta. Desde a Concellaría queremos agradecer o gran traballo realizado polos dous monitores e traballadores da piscina e do servizo de deportes.

– O Concello continúa colaborando con todos os clubes deportivos do municipio, e destaca a moi boa oferta deportiva que estes clubes fan para nenos e nenas, cuxas actividades son esenciais no seu desenvolvemento como persoas. Ademais, destaca o aumento de matricula en ximnasia rítmica, Karate, e tenis, e unha moi importante canteira de fútbol, baloncesto e balonmán.

Máis información aquí: https://deportesribadavia.es/programa-municipal-de-actividades-fisico-deportivas-21-22/?fbclid=IwAR0U7b06g98uvK5GBXp3JupRkMH5dQmWXHhSjAq9kR_jIV2SGJivynbhvJU