O Club Ciclista Carballiño acudiu á penúltima carreira da tempada en Outeiro de Rei

O sábado, o Club Ciclista Carballiño, acudiu a Lugo, onde os compañeiros do Teambike Outeiro de Rei organizaban a súa primeira Mini BTT e prepararon un circuíto espectacular.

Publicidade

Na categoría infantil, Marcos Rodríguez Nogueira volvía ás carreiras despois de mes e medio parado por unha infortunada lesión e acadaba un espectacular 7º posto. Pero a mellor nova foi que non houbo ningún tipo de resentimento nin dolor na zona afectada pola lesión.

En alevín A, Miguel Barral remataba en 19º posto e en promesa A Toño González remataba 18º.