O Trofeo Vila do Carballiño de patinaxe artística volve este sábado logo do parón pola pandemia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Club Patinaxe Aehde O Carballiño recupera o seu trofeo de patinaxe artística na modalidade de libre individual. O Vila do Caraballiño chega a súa cuarta edición logo dun ano en branco por mor da pandemia. A súa recuperación é un novo paso hacia a normalidade, pero aínda así será unha edición distinta, con cinco clubes participantes (Arealonga, Sarela, Ágora, Anca e Aehde), con 120 patinadoras e cun grupo moi restrinxido de público, todo para minimizar os riscos e para cumplir os protocolos diseñados polo propio club organizador. O acceso do público será con invitación e previo rexistro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O evento principiará ás 9.30 da mañá do sábado 18 de setembro no pavillón anexo Paco Chao e pecharase ás oito e media cunha doble xornada de mañá e tarde e contará con xuices da Federación Galega de Patinaxe para puntuar ás patinadoras e patinadores.

O IV Trofeo Vila do Carballiño conta ca colaboración do Concello do Carballiño, da Deputación Provincial de Ourense e da empresa Oreco Balgón, que cas súas axudas fan posible que o evento se convirta nun dos contados trofeos amistosos de patinaxe que se celebran en Galicia dende marzo do ano 2020 cando todo quedou paralizado.

Escola de artística e de liña

Por outra banda, o Club Aehde pon en marcha a súa escola de patinaxe artística o vindeiro martes 21 de setembro e en poucos días máis fará o propia co escola de patinaxe en líña que vivirá o seu primeiro ano. Para as dúas actividades está aberto o prazo de inscripción.