Ourense segue descendendo casos activos e mantén seis persoas na UCI

A comunidade galega rexistra hoxe 112 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende lixeiramente nesta xornada. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 3.010, máis de 200 casos menos ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 35 (-2)  están en UCI e 99 (-13) en unidades de hospitalización.

Publicidade

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 16 contaxios novos, un leve repunte con respecto ós anteriores días, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 323 (-28) casos activos. Os hospitais hoxe presentan 13 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=) na UCI.