Boborás ultima os proxectos para o novo centro de saúde e o parque infantil

O concello de Boborás xa dispón do proxecto e planos para a creación dun entorno deportivo e infantil e de saúde. Neste entorno, con recursos coma espazo de estacionamento e recursos sociais, construirase tamén o novo centro de saúde, trasladándoo dende o centro urbán e cuxo actual edificio destinaríase a un
espazo de coworking. Falamos ca súa alcaldesa, Patricia Torres, que nos explica en que
fase se atopa cada proxecto.

Deste xeito, crearase un novo parque infantil e unha piscina municipal. Trátase dunha superficie de 210 m2, que constará dun conxunto de 3 torres, con pasarelas e redes de trepar e dous tobogáns. Ademais, preténdese dotar dun espazo de arboleda o
entorno para xerar sombra, así como unha zona de recreo con mesas e bancos. Ademais destas obras, tamén hai outras de humanización de camiños previstas para este ano.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV