O sector do siderometal ameza con folga indefinida dende mañá e a Confederación empresarial convoca unha mesa de negociación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O parón do sector do siderometal iniciado a pasada semana continuará, e agora de xeito indefinido, dende as 22:00 horas desta noite. Esta situación alcánzase ó non haber un acordo entre os traballadores e as empresas. Ata o de agora aínda non houbo ningún contacto co fin de negociar entre a patronal e os tres sindicatos (CIG, CCOO e UGT).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A principal petición dos traballadores é unha suba salarial do 6,5% para 2022 e 2023, e do 5% para 2024. Non obstante, a patronal indica que o convenio do sector en Ourense ten un concepto de antigüidade (cinco anos a 6%) e unha xornada laboral que remata o venres, dous puntos que, dende o seu punto de vista, deberían poñerse sobre a mesa para chegar a unha resolución.

A Confederación Empresarial de Ourense reunía unha mesa negociadora para esta tarde ca intención de chegar a un acordo que evite a folga indefinida.