O Carballiño, 29 de setembro de 2026
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
O Concello do Carballiño forma parte dos municipios participantes no programa RenÓbrate de formación e emprego en construción. O alcalde en funcións, José Castro-Gil, participou esta mañá na presentación da iniciativa, impulsada pola Xunta e a Fundación Laboral da Construción en colaboración cos concellos implicados (O Carballiño, Arteixo, Sanxenxo e Santiago de Compostela).
O programa permitirá que un total de 80 persoas desempregadas -20 en cada municipio- se forme e traballe en empresas do sector.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















