O dereito a voto para os veciños da rúa Rega poderá solicitarse dende o luns día 13

Dende o Concello do Carballiño comunican ós propietarios e propietarias de garaxes e fincas da rúa Rega do Carballiño, a apertura do prazo para a solicitude do voto para decidir a posta en marcha, ou non, do funcionamento do pivote de dita rúa.

A partires do día 13 de decembro, luns, e ata o 14 de xaneiro, venres, as veciñas e veciños interesados poderán pasar polas oficinas da Policía Local para recoller a documentación da acreditación que permita  a participación no proceso. Unha vez rematado o prazo, convocarase unha reunión que será debidamente publicitada para realizar a votación as persoas acreditadas.

AVANTAR ACTIVIDADES