Dende mañá mércores ata o próximo domingo, terá lugar no Carballiño unha nova cita co cine, para todas as idades, ca celebración dunha nova edición das Xociviga ( Xornadas de cine e vídeo de Galicia). Este ano, xa despegan como asociación para a organización do evento un grupo de mozos especializados no eido audiovisual. E ademais traen moitas novidades. Amplíase a programación con respecto ao pasado ano cun total de 11 proxeccións.
Comezarán mañá, ás 19:00 horas no auditorio, con “El buen patrón”, e ás 23:00 horas na praza da Veracruz, con “Espíritu sagrado2, ambas do ao 2021.
Haberá tamén dúas masterclass, e a xornada de clausura incluirá a proxección das curtametraxes presentadas a concurso, e que como novidade inclúe ademais do xurado oficial un xurado novo integrado por estudantes de audiovisuais.
