Trasmiras acollerá a biblioteca completa do lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Isaac Alonso Estraviz acompañado polo alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos Ojea.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, proposto para medalla de ouro da provincia de Ourense, cuxo expediente de honra está actualmente en marcha. O lingüista, quen estivo acompañado na xuntanza polo alcalde do Concello de Trasmiras, trasladoulle ao presidente provincial o desexo de que toda a súa biblioteca -máis de 6.000 volumes- se poña a disposición da veciñanza, e neste sentido, a infraestrutura cultural que acollerá os fondos estará situada na Casa de Cultura deste municipio. Segundo confirmou Baltar, deputación e concello chegaron a un acordo para reformar e adaptar o salón de actos da Casa de Cultura e destinalo a este uso, “un xesto altruista por parte de Alonso Estraviz que hai que agradecer”, destacou o presidente do goberno provincial, quen felicitou ao lexicógrafo “pola súa traxectoria, ligada sempre á defensa da identidade, e polas súas investigacións, que o fan acredor e merecente dunha distinción tan importante como a medalla de ouro da provincia”.