O Carballiño mantén os casos activos de onte e Melón sobe tres contaxios

Publicidade ASPADISI

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 22 (=) contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 16 casos activos, a mesma situación ca nas últimas 24 horas. Punxín conta con dous casos activos. Boborás mantén un contaxio, igual ca Maside, Piñor e San Cristovo de Cea. Beariz, O Irixo e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 6 (+3) casos activos. Tres casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia, e outros tres con Melón, que os rexistra logo de semanas libre de covid. Todos os demais concellos están libres de covid.

HIPER MASIDE