Galicia segue co descenso de casos activos, ata os 1.567 contaxios

A comunidade galega rexistra hoxe 57 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.567, preto de 100 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 17 (-2)  están en UCI e 40 (-3) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 16 contaxios novos, o dobre ca onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 211 (+1) casos activos. Os hospitais hoxe presentan 5 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES