O Club de Patinaxe Aehde arrancou a tempada de clase para adultos

Publicidade ASPADISI

Esta semana arrancou a sección de Patinaxe de Adultos do Club Aehde, actividade que se imparte os martes e os xoves no IES número 1, que imparte un adestrador titulado en patinaxe en liña e hóckey liña, e que cada vez ten máis demanda e máis aceptación. Polo momento aínda está aberto o prazo de inscrición.

Do mesmo xeito, o Club Aehde procedeu a apertura da escola de patinaxe en liña e hóckey en liña que se impartirá os mércores. As clases da escola de patinaxe arrancarán no mes de outubro.

HIPER MASIDE

Para inscribirse en calquera das dúas actividades so hai que chamar ó 611 004325, no correo info@aehde.com ou en calquera das redes sociais do Club Aehde.