Expourense acollerá esta fin de semana o 12º Salón do Automóbil

Publicidade ASPADISI

Un total de 15 concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 12º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense.

O director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, destacou a nova celebración en formato tradicional deste evento, recuperándose logo da pandemia. Tamén participou o vogal de A.C.A.U.T.O., Jaime Cougil, que destacou a importancia deste evento para o sector e tamén para os clientes, como escaparate do produto actual.

HIPER MASIDE

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas unha cantidade de euros fixa por cada vehículo vendido. O secretario provincial de Cáritas en Ourense, Javier Soto, explicou para que se destinará a axuda.

En total, participarán 15 empresas representando a 21 marcas que presentarán 30 modelos novos, algúns deles poderán verse en exclusiva por primeira vez en España e entre os que se poderán atopar tamén numerosos modelos eléctricos e híbridos.