O Club Ciclista Os Mosqueteiros, do Carballiño, conseguiu grandes resultados entre os seus corredores na primeira Maratón BTT que celebra o concello de Piñor, puntuable para o Campionato Galego. Yago Fernández Obenza acadou un gran 5° posto na categoría xeral absoluta e logrou o 3° posto na súa categoría, que é élite.

Por outra banda, outro dos rostros premiados dos Mosqueteiros polo seu esforzo este domingo foi Sofía, que acadou un 5º posto na categoría xeral e que cos resultados deste domingo colocouse como primeira na Copa Galicia Maratón, liderando na categoría Master 30.

VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV
