O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da ‘novena edición do rallye Ourense-Ribeira Sacra’

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da novena edición do Rallye Ourense-Ribeira Sacra, que se desenvolverá o 1 e 2  de outubro, na área metropolitana da capital da provincia trala suspensión na súa edición 2020 pola covid-19.

A inscrición do certame conta con 108 equipos, que estrean parte do percorrido e reformulan o restante, sen presenza na provincia de Lugo e con Luintra como centro neurálxico da competición.