A Xunta pon en valor o papel de Expourense na recuperación da actividade económica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración do 12º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana consecutivas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración do 12º Salón do Automóbil que se celebra durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. Así, desde hoxe e ata o vindeiro domingo 3 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo e desde o 8 ao 10 deste mes o protagonista será o vehículo de ocasión.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral destacou o importante papel que ten este recinto na dinamización económica de Ourense, facendo referencia tamén ao éxito da pasada convocatoria de Termatalia no mesmo espazo. Así, reiterou o apoio da Administración autonómica a esta ferramenta de impulso da recuperación e da actividade do tecido empresarial galego.

Nesta ocasión, daranse cita un total de 15 concesionarios da provincia de Ourense representando a 21 marcas que presentarán 30 modelos novos tanto eléctricos, como híbridos, diésel e gasolina. O horario será ininterrompido de 11.00 a 20.30 horas os venres; de 10.00 a 20.30 os sábados; e de 11.00 a 20.00 horas os domingos. O prezo da entrada será de tres euros por cada salón.