O concello do Carballiño descende os desempregados en oito persoas, ata un total de 817

A situación do emprego na nosa contorna cambia a tendencia dos últimos meses. Na comarca do Carballiño, a causa de varios concellos, o número de desempregados sobe en nove persoas neste mes. San Cristovo de Cea rexistra 10 parados máis ata un total de 76, seguido de Piñor con 7 e de Beariz, con 5. Pola contra, o concello do Carballiño mantén cifras positivas, con 8 persoas máis no mercado laboral, rexistrando 817 desempregados. Nesa boa liña tamén están Boborás (-3) que baixa ata o total de 89, San Amaro (-3) ata os 60 e Punxín (-2) ata os 35.

No Ribeiro, Ribadavia incrementa os traballadores en seis persoas, baixando os desempregados a 299; Leiro baixa sete parados ata os 78; Castrelo de Miño baixa seis ata os 56 parados e Carballeda de Avia baixa catro ata os 83. Pola contra, Arnoia, Avión, Cortegada, Beade e Cenlle incrementaron os seus desempregados, aínda que en cifras baixas.

AVANTAR ACTIVIDADES