O Centro Sociocomunitario recupera as actividades físicas

Publicidade ASPADISI

O Centro Sociocomunitario do Carballiño anuncia a apertura do prazo de inscrición para as actividades que ofertaban previas á pandemia. As clases que se porán en marcha son actividades físicas como ximnasia de mantemento de ioga, Pilates e Zumba. Polo momento a capacidade é de 10 persoas por actividade, para cumprir cos aforos derivados das medidas sanitarias actuais. O prazo de inscrición está aberto e todos os que queiran anotarse deberán pasar pola conserxería do Centro para inscribirse na actividade que lles interese. As clases comezan o 18 de outubro.