O cine club proxecta “El agente topo” este venres

IES CHAMOSO LAMAS

Este venres día 8 o Cine Club presenta a proxección de “El agente topo”, película chilena que foi candidata aos Óscar e aos Goya á mellor película internacional. Conseguiu ademais o Premio do Público no Festival de San Sebastián. Está dirixida por Maite Alberdi, e é un filme especial, único e diferente, cheo de sensibilidade e tenrura, e tremendamente divertido.

Os pases serán coma sempre ás 20:00 e ás 22:30 horas, neste caso os dous en castelán. E coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño.