Os veciños da rúa Rega desbotan poñer en funcionamento o bolardo

O portavoz do goberno local do Carballiño, Diego Fernández, e o concelleiro de seguridade cidadá, Manuel Sotelo, acudiron onte á reunión cos veciños da Rúa Rega. Finalmente, os alí presentes amosaron a súa intención de desbotar o bolardo, instalado en 2018 e que aínda non foi posto en marcha. Este tema será levado a votación ca totalidade dos implicados, entre eles os donos dos garaxes.

O concello está a traballar xa no formulario para esa votación e aseguran que o proceso podería quedar resolto en dous ou tres meses. Nos últimos anos dende a instalación do bolardo, o concello levou a cabo varias melloras, coma a instalación de bancos e xardineiras, unha reforma das beirarrúas e a iluminación. Segundo o portavoz, os veciños amosáronse satisfeitos con estas actuacións.

AVANTAR ACTIVIDADES