Ribadavia comeza a executar o Plan de Mellora de Camiños 2021-2022

Esta semana comezaron as obras do Plan de Mellora de Camiños de titularidade municipal 2021- 2022 no concello de Ribadavia. Estas obras son posible grazas ás axudas establecidas pola Xunta de Galicia con todos os Concellos galegos, anteriormente coñecidas como “Plans Marco”, e que Ribadavia sempre obtivo de AGADER.

Esta semana comezouse en San Cristovo, e a semana seguinte intentará comezarse en Santo André.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Concello realizaron melloras non previstas no proxecto para cumprir as peticións de mellora que están recibindo por parte dos veciños.