As obras na estrada no Reino, en Piñor, obrigan a cortar o tráfico ata o día 25

A xunta informa de que para continuar avanzando nesta actuación será preciso restrinxir a circulación neste tramo desde hoxe ata o vindeiro 25 de outubro, previsiblemente. Así, durante este período de tempo disporase un pavimento de formigón armado.

Publicidade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar o acondicionamento desta vía autonómica co obxectivo de reforzar a seguridade viaria no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025.

A Xunta está a investir preto de 160.000 euros nesta intervención cuxo remate se prevé no mes de novembro, unha vez retomados en verán os traballos, tras o soterramento dos servizos executado polas compañías responsables.