Galicia sofre un leve repunte de casos, con 31 contaxios novos nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 31 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende levemente con respecto ós últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 495, 7 casos menos nesta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 9 (-1)  están en UCI e 36 (-1) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de rexistra 3 contaxios novos nas últimas 24 horas e restando as altas, os casos totais chegan ata os 75 casos activos, dous menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 0 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES