No inicio deste curso 2021 resolvéronse favorablemente 31 solicitudes para axudas de material escolar, superando amplamente o número medio anual dos últimos 2 anos que foi de só 7 solicitudes.
O Concello de Ribadavia convocou noCurso escolar 2021/22 para nenos e nenas de educación infantil (3 a 6 anos), unha axuda para a compra de material escolar. Este ano 2021estableceuse un novo formato co obxetivo de chegar a un maior número de familias e nenos/as. Aquí reside a causa do incremento de beneficiarios desta axuda. Así, este ano 2021 o número de solicitudes foi de 31, superando amplamente o número medio anual dos últimos 2 anos que foi de 7 solicitudes.
O baremo e cuantías está baseado nas necesidades de axudas de material escolar e material didáctico solicitado polos/as profesores/as de Educación Infantil para o curso 2020/21, quedando da seguinte forma: o 50% do custe do material previsto para este curso para todos os nenos e nenas de Infantil, e do 100% para aqueles nenos e nenas que pertenzan á unha unidade familiar con ingresos inferiores ó 3 do IPREM 1.695€/mes).
Opción 1 (3 anos A):
A cuantía é de 20€ para a totalidade dos solicitantes.
A cuantía é de 40€ ás unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM 1.695€/mes).
Opción 2 (4 anos A e B):
A cuantía será de 20€ para a totalidade dos solicitantes.
A cuantía será de 40€ ás unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM 1.695€/mes)
Opción 3 (5 anos A):
A cuantía será de 50€ para a totalidades dos solicitantes.
A cuantía será de 100€(unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM 1.695€/mes)
Opción 4 (3 a 5 anos):
A través de convenio bilateral co CRA Amencer para este curso 2021/22.
O prazo de presentación das solicitudes foi do 17 de setembro ao 8 outubro de 2021.
O Concello de Ribadavia aposta por este tipo de axuda utilizando recursos propios para poder financiar o material escolar destes nenos e nenas, xa que a administración educativa non ten establecidas axudas e/ou becas para educación infantil (3 a 6 anos).
Así mesmo, sinalar que unha parte desta axuda foi tamén para a compra en librarías do Concello de Ribadavia, o que supón unha pequena forma de colaborar no fomento do consumo no comercio local.