A segunda edición do bono comercio abre o prazo para os establecementos interesados

A segunda edición do programa de tarxetas bono “O Carballiño Contigo” para a reactivación da economía local bota a andar coa apertura do prazo de inscrición para os establecementos interesados en participar.

O prazo de participación estará aberto dende o 14 de outubro ata o 20 de outubro, e as inscricións realizaranse a través do formulario ao que podes acceder na web

AVANTAR ACTIVIDADES

Calquera consulta ou dúbida relacionada co programa atenderase exclusivamente a través do correo electrónico info@ocarballinocontigo.com.