O IES Chamoso Lamas recupera o ciclo de música, poesía e incorpora o cine

Hoxe reanudouse no IES Chamoso Lamas unha actividade que se viña desenvolvendo xa dende fai sete anos e que o pasado curso sufriu un parón por motivo da pandemia. Trátase do ciclo Poesía e música, que neste curso amplíase tamén ao cine.

Hoxe tivo lugar a proxección do ultimo filme do director carballiñés José Manuel Mouriño, titulada “José Ángel Valente. Escribir lugar”, recentemente presentado no OUFF. O cineasta participou na proxección para explicar o seu traballo aos alumnos de 2º de Bacharelato do centro, no que analiza a obra do poeta e ensaísta ourensán, e no que o propio autor é protagonista a través da súa voz. Este ciclo conta un ano máis coa colaboración e a axuda económica das Áreas de Cultura e de Educación do Concello do Carballiño e tamén do Cine Club Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES