Un caldo da D.O. Ribeiro promociona o camiño ao seu paso por Ourense

Este viño enmárcase dentro dun completo proxecto de Promoción do Camiño Mozárabe – Vía Prata con motivo do Xacobeo 21-22

  • Son 1200 botellas e a intención é sumar máis adiante outros exemplares das demais denominacións de orixe ourensás
  • A Asociación ten en marcha un completo programa de promoción que inclúe a elaboración dunha guía e un folleto que se presentarán en Xantar
  • Deputación, CEO, Xunta, Concello e un nutrido grupo de Amigos do Camiño arrouparon a presentación no Liceo

Nunha provincia con catro denominacións de orixe e tanto peso do sector vitícola, non podía faltar un viño para conmemorar o Camiño a Santiago, o Mozárabe-Vía da Prata, que atravesa Ourense. A Asociación de Amigos do Camiño Mozárabe – Vía Prata seleccionaron a do Ribeiro para realizar esta primeira edición que conta con 1.200 botellas e que leva na etiqueta o mapa do Camiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

A colaboración foi levada a cabo coa cooperativa Viña Costeira e segundo Óscar Sánchez, directivo da asociación, a intención é facer un de cada denominación ourensá,

Rosendo Fernández destacou a colaboración de Inorde e Deputación con esta asociación para promocionar a Vía da Prata, e aproveitou para encomiar esta iniciativa, que promociona o Camiño cunha das catro denominacións da provincia. Paralelamente, a Asociación deseñou tamén manteis individuais para distribuír nos establecementos hostaleiros do Camiño, e que reproducen tamén o Camiño Mozárabe en Galicia, destacando o itinerario desde a entrada na provincia de Ourense pola Gudiña ata a súa chegada a Santiago. En total, realizaron unha partida de 100.000 manteis para darlle maior visibilidade e publicidade ao Camiño.

Pola súa banda, José Luis Rodríguez, presidente da asociación, adiantou tamén que outras iniciativas no marco desta promoción están tamén na recta final como a completa guía do Camiño desde Sevilla e un folleto que se presentará en Xantar e que busca promocionar a saída desde Ourense salientando o lema ‘De Pórtico a Pórtico’ que fai alusión ao percorrido entre o Pórtico do Paraíso en Ourense e o da Gloria en Santiago. Igualmente, destacou o punto de información continuado que está dispoñible na CEO, onde se presta tamén asistencia ao peregrino e facilítase a Credencial para que poidan comezar con ela o Camiño.

O acto de presentación, no Liceo, contou coa presenza de autoridades como Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Gabriel Alén, delegado da Xunta, Flora Moure, concelleira de Turismo e Termalismo, Marisol Nóvoa e Jaime Pereira, presidenta e secretario da CEO, así como membros da Asociación e Amigos de camiño.

En definitiva, esta asociación está envorcada en actuacións orientadas a fortalecer e difundir este camiño ao seu paso pola provincia de Ourense, un traballo que leva realizando desde hai case 3 décadas mediante a promoción do espírito Xacobeo, a colaboración con institucións e albergues, a realización de estudos, investigacións e publicacións histórico-culturais, ademais da información e asesoramento ao peregrino.