O Extremo Mesego acollerá a 90 pilotos no campionato desta fin de semana

Esta mañá, o concello do Carballiño, presentou un novo evento deportivo. Trátase da 8ª edición do Extremo Mesego “Paraíso e inferno”, que terá lugar durante esta fin de semana, os días 23 e 24. A concelleira de deportes, Silvia Baranda, destacou a súa importancia, atraendo a visitantes e pilotos de España e tamén de fora.

O sábado, dende as 11:00 horas, reagrupamento e verificacións no campo da festa de Mesego, ás 12:00 horas, Especial Extreme Text en Pena Cobertoira. Pola tarde, dende as 17:00 ata as 21:00 horas, Superenduro na rúa Ben Cho Sei. E o domingo, dende as 09:30 horas ata as 17:30 horas, carreira en Pena Cobertoira.

Nesta rolda de prensa contamos tamén cun dos 90 pilotos asistentes, Eloy Salsen, que se amosa entusiasmado nesta primeira vez que compite nesta proba.

Publicidade Premer na Imaxe

O delegado de deportes da Xunta en Ourense, Fran Justo, destacou a esta proba como un luxo dentro do panorama nacional e felicitou á súa organización.