As 2.000 tarxetas do bono comercio “O Carballiño contigo” xa teñen dono

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O bono comercio “O Carballiño contigo” pechou hoxe unha segunda edición ca entrega das 2.000 tarxetas dispoñibles. Logo de dúas xornadas, a do xoves e a do venres, quedaron pouco máis de 50 tarxetas para a súa venda esta mañá. As sensacións da súa organización, da man do Centro Comercial Aberto, o concello e Abanca, son boas, cumprindo as expectativas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Agora, ata o próximo 21 de novembro, todos os que adquiriron as tarxetas poderán facer uso delas en máis de 160 establecementos, tanto comercios coma hostalaría, cumprindo así a finalidade de apoiar ós dous sectores máis danados pola pandemia.