Familia e amigos piden xustiza para a moza agredida por un amigo no Carballiño

Hoxe sábado, día 30, a familia e amigos de Nuria, a moza agredida no Carballiño por un amigo, participaron nunha nova manifestación. Neste caso, saíron da igrexa da Veracruz e con chegada á Praza Maior. Esta marcha tivo o obxectivo de facer que o suceso vivido por Nuria non se esqueza, amosar o apoio á moza que segue loitando e pedir o cambio da lei do menor para que estes sucesos non queden impunes.

Para todos aqueles que aínda non puideron asinar a petición de xeito online, colocaron unha mesa na praza maior para poder facelo.

A moza, Nuria, atópase aínda ingresada no Hospital de Ourense. Logo de 40 días na UCI, está recuperándose en pranta, con todas as operacións previstas xa feitas.

Publicidade Premer na Imaxe