Información do concello de Maside sobre a ampliación do parque empresarial do Carballiño – Maside

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O día 20 de outubro tivo entrada no Rexistro do concello de Maside a documentación relativa á Modificación  puntual  núm.  2  do  Plan  sectorial  de  ordenación  de  áreas  empresariais  de  Galicia (PSOAEG), remitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Entre a documentación achegada polo IGVS figura o Documento inicial estratéxico da Modificación puntual núm. 2 do PSOAEG para a solicitude de inicio da Avaliación ambiental estratéxica ordinaria, do mes de xullo deste mesmo ano.

Tamén inclúe a Resolución pola que se formula o Documento de alcance do Estudo ambiental estratéxico da Modificación puntual núm. 2 do PSOAEG.

O PSOAEG aprobouse o día 30 de abril de 2014 mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, tendo sido obxecto de avaliación ambiental estratéxica.

No  ano  2018  aprobouse  a  primeira  modificación  puntual  do  PSOAEG,  a  cal  foi  sometida  ao procedemento simplificado de avaliación ambiental estratéxica.

O día 12 de xullo de 2021 recibiuse na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático  un  escrito  do  IGVS  no  que  solicitaba  iniciar  o  procedemento  de  avaliación  ambiental estratéxica ordinaria da “Modificación puntual núm. 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia”.

Achegaba un documento inicial estratéxico e un borrador da proposta.

O día 14 de xullo de 2021 este órgano ambiental iniciou un período de consulta pública dos documentos recibidos no portal web e consultou ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas.

O día 4 de outubro de 2021 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático remitiu ao IGVS a Resolución pola que se formula o documento de alcance relativo á Modificación puntual núm. 2 do PSOAEG, promovida polo IGVS.

Na referida resolución recóllense as principais cuestións formuladas durante o período de consulta pública ao que se someteu o documento inicial estratéxico e o borrador da Modificación.

En virtude dos principios de información e colaboración que rexen as relacións entre Administracións Públicas, o IGVS dálle agora traslado ao concello de Maside do Documento de alcance e Documento inicial estratéxico para o seu coñecemento e por se o concello de Maside estima necesario realizar algunha observación ao respecto.

Así mesmo, o director técnico de Solo, Edificación e Calidade do IGVS solicita a colaboración do concello de Maside para dar cumprimento ao establecido no Documento de alcance respecto á xustificación da dispoñibilidade de recursos hídricos para as novas demandas e capacidade de depuración das novas verteduras, o que require coñecer os datos relativos ás infraestruturas e servizos existentes: información sobre a rede de abastecemento (canalizacións, depósitos, etc.), datos de consumo total actual do sistema de abastecemento e marxe para asumir polo novo consumo; no caso de dispor de EDAR, datos da súa capacidade e rendemento actual; autorizacións de captación, punto de vertido EDAR, etc.

Entre as características máis salientables da modificación do PSOAEG están as de mellorar a inserción territorial e a viabilidade técnica e económica dalgunhas actuacións empresariais previstas inicialmente no PSOAEG e delimitar novas áreas empresariais atendendo á demanda prevista.

O ámbito de actuación comprende 19 concellos de Galicia nos que se emprazan actuacións empresariais recollidas no PSOAEG que son modificadas ou rexeitadas ou nos que se delimitan novos ámbitos de desenvolvemento empresarial.

Entre as delimitacións das novas actuacións empresariais está a ampliación do parque empresarial do

Carballiño-Maside, con 123,5 ha.

Amplíase o parque empresarial existente no Carballiño delimitando dúas áreas diferenciadas, unha delas lindeira co actual polígono industrial e dentro do municipio do Carballiño e outra ao leste, no concello de Maside, cunha superficie aproximada de 100 ha.

No documento das Directrices de Ordenación do Territorio, o concello do Carballiño figura como unha cabeceira do sistema urbano intermedio, como núcleo central da súa comarca.

O parque empresarial do Carballiño sitúase 1 km ao nordeste do centro da vila do Carballiño, dispoñendo na súa contorna de boa conexión cos principais nodos de comunicación viaria (estrada nacional N-541, estrada autonómica OU-504 e autovía AG-53 que une Santiago con Ourense, a través do ramal AG-54 que conecta dita vía co Carballiño).

A ampliación prevista abrangue dous polígonos descontinuos que afectan a terreos do concello do Carballiño (lindeiros co parque actual polo oeste) e do concello de Maside (algo máis de 100 ha na marxe oposta da estrada OU-504).

O  polígono  delimitado  no  Carballiño  está  ocupado  por  masas  forestais  de  carballos  misturado  con piñeiros e algúns eucaliptos e polo borde norte o atravesa un regato tributario do Rego de Valón. A carón deste rego existe un corredor conformado por bosque aluvial no que medran ameneiros, vidueiros, salgueiros, freixos e carballos. Este ámbito linda polo sur cunha zona residencial e un equipamento educativo.

A área delimitada en Maside acomódase entre os límites da estrada OU-504, a vía do ferrocarril (AVE) e a estrada municipal que une a zona industrial do Carballiño coa estrada nacional N-541, ata aproximarse ao núcleo de Dacón.

Abrangue  terreos  de  natureza  forestal  dominados  por  piñeiros,  pero  tamén  con  presenza  masas  de carballos de rexeneración espontánea. Incorpora dous enclaves industriais existentes. A topografía é chaira na meirande parte do ámbito.

O norte do ámbito esta percorrido polo regato do Varón, que ten un curso sinuoso por mor da topografía chaira e recolle varias escorrentas da superficie e ao seu carón rexenerouse un bosque aluvial no que medran ameneiros, bidueiros, salgueiros, freixos e carballos. Este rego constitúe un tramo de interese ambiental  (zona  protexida  no  PHMS)  e  localízase  augas  arriba  dunha  área  con  risco  potencial significativo de inundacón (ARPSI) identificada ao seu paso polo núcleo do Carballiño.

A área é visible dende a estrada autonómica OU-504 e dende as áreas residenciais lindeiras.


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV