A campaña de Nadal da Praza de Abastos regala dez cestas e viño Pazo Tizón

A Praza de Abastos presentou esta mañá a súa campaña de Nadal “Ilusiónate co Nadal na Praza de Abastos”. Esta iniciativa está enfocada a potenciar as ventas de produtos frescos, co premio de entrar no sorteo de dez cestas de Nadal, todas con produtos do comercio local, e caixas de viño Pazo Tizón. Estas datas son unha época importante de vendas, sobre todo tendo en conta a variedade de produtos do mar e cárnicos. Dende a praza animan ás vendas con esta campaña, que se porá en marcha o próximo martes.

Por parte do concello, a concelleira Silvia Baranda amosou o seu apoio total á praza e convidou a todos a mercar para entrar no sorteo dos premios de cara ás festas, que serán dez cestas de Nadal e viño Pazo Tizón.

AVANTAR ACTIVIDADES