O Arenteiro enfróntase ó Ribadumia este domingo no Espiñedo

O Arenteiro volve de novo a xogar na casa, no campo do Espiñedo. Neste caso será o domingo día 28, ás 17:00 horas.

Os que teñan o seu carné so o teñen que ensinar na entrada. A taquilla abrirá ás 15:00 h. O que se pide dende a Directiva é acceder ao campo canto antes para facilitar poder acomodar á xente, para elo as portas abrirán ás 15:30 h.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socios accederán á zona de bancada ata ter cuberto o seu aforo, e cando isto suceda poderán acceder ao resto de bancada de tribuna e fondos de portería. Cando esté completo o aforo de 500 persoas o club restrinxirá o acceso ao campo.

Recordámosvos o seguinte:

1) O Bar estará pechado.

2) Permítese a agrupación de unidades de convivencia, recomendable non máis de 4 persoas.

3) Non se debe de ir ao campo quenes teñan síntomas de COVID-19 ou se estivesen en contacto nos derradeiros días con contaxiados de COVID-19.

4) Obrigatorio uso de mascarilla, toma de temperatura, hixiene de mans e pisado en alfombra hixiénica e manter distancia de seguridade de 1,50 m.

5) Débese pemanecer no sitio e circular polo estadio só o imprescindible.

6) E moi Importente, empatía co persoal voluntario e respeto as súas instruccións.