A Xunta licita por 146.000 € os proxectos de rehabilitación de dous inmobles do centro histórico de Ribadavia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase dos situados na praza García Boente 1 e na praza de San Xoán 3, adquiridos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro do programa Rexurbe

A Xunta de Galicia licita por un total de preto de 150.000 euros os proxectos de rehabilitación de dous inmobles do centro histórico do concello de Ribadavia.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase dos emprazados na praza de San Xoán 3 e na praza García Boente 1, que foran adquiridos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por un importe de 238.000 euros, ao abeiro do programa Rexurbe.

Agora, a plataforma de contratos da Xunta publicou a licitación da redacción dos dous proxectos e dirección das obras para a rehabilitación, por un importe de 97.302,17 euros no caso do inmoble da praza García Boente e de 48.688,45 euros o da praza de San Xoán.

Estas actuacións sumaranse a outras en marcha neste concello, como é a que se levará a cabo no inmoble da rúa Cervantes 16, cuxo proxecto de recuperación foi licitado por un importe de 26.659,97 euros e do que na actualidade se está a traballar na súa adxudicación.

Ademais, o Instituto Galego de Vivenda e Solo prevé adquirir varios inmobles máis no marco da oferta pública de adquisición do Rexurbe realizada este mesmo ano.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------