O Carballiño contará cun cemiterio civil en 2022, no recinto do actual en Señorín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño dotarase dun cemiterio civil para dar resposta á demanda deste tipo de enterramentos por parte dos cidadáns da vila carballiñesa. As previsións pasan por desenvolver as obras ao longo do vindeiro ano e por crear este novo espazo funerario no recinto orixinal do cemiterio de Señorín.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto está a ser redactado polo arquitecto municipal e as características do novo recinto pasan por crear preto dun cento de columbarios. A dotación orzamentaria está en torno dos 100.000 euros.

A corporación municipal carballiñesa acordou no seu día crear un cemiterio civil, ante a ausencia do mesmo, para dar resposta ás demandas prantexadas polos cidadáns. O Concello decantouse por promover este espazo no recinto orixinal do cemiterio de Señorín, na zona verde existente no mesmo. Alí será onde se constrúa o recinto co cento de columbarios que formarán o referido cemiterio civil da vila.