Hoxe, segunda xornada da Ruta das Tapas, en 17 locais do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A hostalaría e o concello do Carballiño puxeron en marcha unha nova edición da Ruta das Tapas que comezou o pasado venres, logo de verse obrigados a paralizalo a causa da pandemia. Un total de 17 establecementos participan nesta edición, que terá lugar os dous primeiros venres de cada mes, cun custo, coma sempre, de dous euros.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os locais participantes este ano son O Fuchela, Roraima, Casa Gazpara, Loft27, Estate Quieto, Bohemian, Fass, Caserío, Don Paco, Parrillada San Andrés, Pituxo, Plaza, Ernesto, Bodeguilla, Lusco e Fusco y O Curruncho. Todos eles presentaron hoxe a súa tapa.

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal destaca a importancia deste evento como unha oportunidade de axudar á reactivación e de seguir apostando por un sector fundamental na economía do Carballiño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------