O MITECO continúa actuando con medios aéreos e 4 brigadas de reforzo nas tarefas de extinción dos incendios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O dispositivo despregado para actuar no incendio de Lobios consta de 1 avión
anfibio Canadair (5.500 litros) procedente de Talavera la Real (Badaxoz), 1
helicóptero Kamov de 4.500 litros de capacidade procedente das Minas
(Guadalaxara), 2 avión de carga enterra da base de Xinzo de Limia (Antela) e
as BRIF de Tineo (Asturias) e Tabuyo do Monte (León).
En Manzaneda está a intervir 5 avións Canadair, 2 procedentes de Labacolla
(A Coruña), dous de Matacán (Salamanca) e outro de Zaragoza; 1 avión de coordinación
e observación procedente de Zaragoza e 1 helicóptero Kamov chegado
de Caravaca (Murcia). Na Mezquita están a actuar 2 anfibios de capacidade
media chegados de Rosinos (Zamora), 1 avión de coordinación e observación do
aeroporto de León e a BRIF de Daroca (Zaragoza).
En Montederramo actuaron 1 helicóptero Kamov procedente de Ibias (Asturias)
e un anfibio de gran capacidade da base de Matacán (Salamanca). No lume
declarado en Vilariño de Conso actuaron 2 avións anfibios de 5.500 litros
procedentes de Labacolla (A Coruña) e continúa sobre o terreo a BRIF de Laza
(Ourense).
O persoal desprazado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto
Demográfico para os traballos de extinción dos lumes declarados na provincia
de Ourense desde o pasado é de 148 persoas, incluídas as tripulacións dos
medios aéreos.
A presidenta insistiu ademais na urxente necesidade de que se reconduza a situación de crise no concello de Ourense para que tanto os proxectos en marcha como as axudas prometidas poidan materializarse e a cidade non sufra un empeoramento da situación que xa provocou a pandemia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO