A Ruta das Tapas do mes de abril celebrarase en 16 locais e co arroz e legumes como prato principal

A Ruta das Tapas volve a 16 establecementos hostaleiros do Carballiño logo do parón obrigado pola pandemia. Como xa manda a tradición, terá lugar o primeiro e segundo venres de mes. Este evento foi presentado de novo hoxe, nun dos locais participantes, o Estate Quieto. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, destacou este evento como reactivación ó sector.

Neste caso está adicada ó arroz e ás legumes, e os 16 establecementos presentaron hoxe a súa proposta para este mes de abril.  Para poder desfrutar destes pratos, so tes que pedilo cun custe de 2 euros, acompañando a túa bebida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte de Pazo Tizón, ademais da súa colaboración con este evento, neste caso ofrecen un sorteo, que consistirá nunha estancia de fin de semana en Wine House Hotel, establecemento basado no potencial do viño.

Outra das partes colaboradoras deste evento é o Centro Comercial Aberto, que amosou tamén a súa satisfacción por poder retomar o evento e explicou tamén como se poderá participar nese sorteo.