Avión adhírese ó sistema de axudas para a hostalaría da Xunta de Galicia

Publicidade ASPADISI

A corporación municipal de Avión aprobou en sesión plenaria dúas propostas feitas por alcaldía encamiñadas á apoiar á cidadanía fronte a crise económica derivada da pandemia.

O concello de Avión, co voto en contra do PSOE, acordou adherirse ao sistema da Xunta para o pago das axudas aos hostaleiros, un sistema que axilizará os trámites burocráticos, de tal maneira que a maiores das axudas autonómicas, o concello comprométese a unha axuda adicional por importe de 1.000 euros.

HIPER MASIDE

Para todos aqueles hostaleiros que non soliciten as axudas, quedarán exentos do pago da taxa do lixo. Os demais sectores contarán cunha rebaixa do 50%.

O alcalde, Antonio Montero, tamén anunciou unha rebaixa do IBI que baixará a taxa impositiva do 0,6 ó 0,5%. Esta rebaixa ten como obxectivo paliar as consecuencias da revalorización catastral que se está a producir.

PUBLICIDADE