Espazo Común pide que se retome o proxecto pactado en 2018 para a Rúa A Rega

A formación asegura que fai xa moitos anos que os problemas circulatorios e de estacionamento na rúa A Rega supoñen unha constante dor de cabeza para os residentes e propietarios de garaxes que teñen que acceder por ela. O feito de que se trate dunha vía sen saída, con entrada e saída só por Martínez Avellanosa, unido á ubicación nela dun dos accesos a un supermercado moi concorrido, convirten o lugar, segundo afirman, en foco perfecto para embotellamentos e problemas constantes.

Para tratar este problema, dende o Concello convocouse no mes de marzo de 2018, unha reunión, no salón de plenos, con tódolos afectados á que acudiron uns 40 veciños. Na mesma tomouse un acordo que consistía na instalación dun bolardo automático que, mediante a entrega de mandos codificados, permitiría só o acceso a vehículos autorizados.

AVANTAR ACTIVIDADES

Varias semanas atrás, o Concello colocaba unha serie de mobiliario, bancos e maceteiros, que impedían o acceso a boa parte da rúa, da metade para adiante. Ante esto, Espazo Común solicita que se retome o acordo tomado cos veciños da rúa A Rega en marzo de 2018 e se leve a termo.