O Cine Club proxectará este venres “Minari. Historia de mi familia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este venres día 19 de novembro o Cine Club trae ao Auditorio Manuel María do Carballiño unha das grandes películas do ano, Minari. Historia de mi familia, dirixida por Lee Isaac Chung, un filme que ten moito de autobiográfico. Gañadora do Premio do Público e do Xurado no Festival de Sundance, gañadora dos Globos de Ouro á mellor película de fala non inglesa, era unha das grandes favoritas nos Oscar (6 nominaciones). Ambientada nos anos 80, conta a vida de David, un rapaz de 7 anos que ve mudar radicalmente a súa vida cando o seu pai decide mudarse a Arkansas para abrir alí unha granxa en busca do soño americano.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os pases serán coma sempre ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán, e ás 22:30 en VOS.