O autobús de doazón de sangue estará mañá e o sábado no Carballiño

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase nos próximos días á nosa contorna. En concreto, na xornada de mañá venres, estará no Carballiño, ubicado na Pista Roxa. O horario de atanción será das 10:00 horas ata as 14:00 horas, e das 16:00 horas, ata as 21:00 horas. Na xornada do sábado tamén estará no Carballiño, na mesma ubicación, pero so en xornada de mañá, das 10:00 horas ata as 15:00 horas.