A Xunta organiza unha xornada de normativa forestal no Carballiño o día 24

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza este mes na provincia de Ourense ata sete xornadas sobre aspectos prácticos da normativa forestal. Impartidas polo Servizo de Montes provincial, cada unha delas constará de catro horas formativas, en horario de tarde. A última delas será o 24 de novembro na Casa da Cultura do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo é mostrar como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios á poboación do medio rural, centrándose nos procedementos máis habituais que van precisar levar a cabo.

Na páxina https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas poden atoparse os referidos cursos e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes.