O concello de Ribadavia suma apoios veciñais para reivindicar investimentos na rede de suministro e abastecemento.

IES CHAMOSO LAMAS

A petición do Concello, case a totalidade de veciños dos núcleos de A Groba, As Chabolas, e O Seixo recolleron sinaturas para apoiar o proxecto do Concello da creación dunha nova rede de abastecemento de auga e saneamento para estes núcleos do municipio.

Ademais, o Goberno ropuxo que o Pleno, do vindeiro 25 de novembro, que aprobe unanimente o acordo para que Xunta e Deputación se involucren neste proxecto.

HIPER MASIDE

PROPOSTA DE ACORDO E MOCIÓN PARA QUE A XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE RIBADAVIA POIDA LEVAR A CABO O PROXECTO DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NA GROBA, CHABOLAS, O SEIXO E SANÍN.

EXPOSICIÓN MOTIVOS.

O Concello de Ribadavia ten desde o ano 2015 un Proxecto aprobado para o Abastecemento e Saneamento na Groba, As Chabolas, O Seixo e Sanín.

A execución de dito Proxecto ten un orzamento de 522.275,34 euros.

A vontade e intención do Concello é a de levar a cabo este proxecto e poder así conectar estes núcleos do municipio de Ribadavia á rede municipal de subministro de auga municipal e de saneamento.

Neste sentido, desde o Concello solicitámoslle a un grupo de veciños que procedera a recoller e entregar sinaturas veciñais co obxectivo de apoiar e respaldar este proxecto. A intención é darlle traslado as diferentes administracións superiores para que colaboren e cooperen co Concello de Ribadavia neste proxecto tan necesario e xusto.

Falamos de case a totalidade de veciños e veciñas da Groba, Chabolas, e O Seixo, que representan a sesenta e seis (66) vivendas con máis de 146 veciños e veciñas que solicitan que estes núcleos se sumen a través da realización deste proxecto á rede municipal.

O Concello de Ribadavia ten colaborado historicamente na mellora e mantemento que realizan os veciños nesta rede veciñal de auga, recentemente co reforzamento da rede de subministro de auga para evitar cortes na tempada estival, e no mes de outubro coa limpeza e arranxo da fosa séptica veciñal situada no Seixo.

Estas intervencións do Concello son moi importantes e garanten un servizo mínimo, pero desde o Concello defendemos que o futuro debe ser mellor e que o Concello debe obter o apoio económico das Administración superiores para que estes núcleos poidan formar parte da rede municipal de abastecemento e saneamento.

Nese sentido, desde o Concello xa se trasladou esta necesidade a Xunta de Galicia e Deputación Provincial de Ourense. En AUGAS DE GALICIA, como ente coa competencia autonómica en saneamento e subministro de auga, xa dispoñen do Proxecto aprobado no Concello de Ribadavia. Ademais, está solicitada reunión coa Consellaría de Infraestruturas e mobilidade para abordar este proxecto.

PROPOSTA DE ACORDO.

O PLENO DE RIBADAVIA APOIA QUE OS NÚCLEOS DE A GROBA, AS CHABOLAS, O SEIXO E SANÍN SE POIDAN SUMAR Á REDE MUNICIPAL DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE RIBADAVIA A TRAVÉS DA REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO NECESARIO POR PARTE DA CONSELLARÍA DE INFRAESTRUTURAS, DEPUTACIÓN PROVINCIAL E CONCELLO DE RIBADAVIA DO PROXECTO DE DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO DESTES NÚCLEOS POBOACIONAIS.