Ernesta Seoane, nova responsábel do BNG Terra de Celanova e Baixa Lima

As nacionalistas completan o proceso asemblear coa elección do Consello Comarcal que experimenta unha fonda renovación, cun 70% de novas incorporacións.

Ernesta Seoane Álvarez é a nova responsábel comarcal do BNG Celanova-Baixa Limia. Ernesta Seoane (1961, Calvos de Randín) foi elixida onte pola Asemblea comarcal para encabezar un Consello Comarcal que experimenta unha fonda renovación coa entrada de doce novas militantes, o 70% do novo Consello. Con esta designación, complétase na comarca o proceso de renovación de órganos da XVII Asemblea do Bloque Nacionalista Galego.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ernesta Seoane, militante en Celanova onde participou na candidatura municipal no 2019, foi a número 5 da lista do BNG pola circunscrición de Ourense nas eleccións galegas de xullo de 2020. Na actualidade traballa como coordinadora nun centro especial de emprego asociado ao Sergas en Ourense.

O anterior responsábel comarcal, Manuel Ferro, fixo un resumo do seu mandato e lembrou como accedeu o cargo nun momento difícil, após das galegas de setembro de 2016, e os esforzos destes últimos cinco anos para reforzar a presenza nacionalista nestas comarcas. Ferro, quen recibiu o agradecemento da militancia e do responsábel de organización do BNG en Ourense, Xosé Fernández Baltar, presente na asemblea. Ferro continúa no Consello Comarcal, no que tamén seguen José Antonio Pérez Valado, alcalde de Verea; Leopoldo Rodríguez, concelleiro en Celanova; Marcos Meléndez, concelleiro en Ramirás, e Xosé Manuel Méndez Galo.

Xunto a nova responsábel comarcal, entran no Consello, Jorge Losada, concelleiro en Verea; a responsábel comarcal de Galiza Nova, Ánxela Cao Armada, e dúas militantes da organización xuvenil, Laura Pérez e Luís Sotelo; Xan Carlos Grande, militante na Bola; Noelia Currás e Pablo Iglesias Valeiras, da Merca; Nuria Rodríguez, de Cartelle; María Rodríguez e Erik Dobaño, de Celanova; e Amavia Méndez, de Ramirás.

Obxectivos

Na súa estrea como responsábel comarcal, Ernesta Seoane enmarcou a renovación do Consello “no proceso de actualizar e reforzar nas comarcas os órganos de traballo do BNG” e asumiu o mandato da XVII Asemblea de “agrandar a base social do nacionalismo”. Seoane, que coordinará as tarefas de organización cun equipo con responsabilidades definidas por grupos de traballo en catro áreas: feminismo, militancia, finanzas e comunicación, sinalou como obxectivos iniciais recuperar a presencia institucional do BNG nos concellos da Baixa Limia de cara as municipais de 2023 e apoiar con máis recursos o labor das concelleiras e concelleiros. Ademais, mantivo o compromiso das nacionalistas de participar dos movementos da sociedade civil e nas loitas que se están a levar adiante na comarca, sinaladamente, no feminismo e na defensa da sanidade pública, do territorio e da cultura e a memoria do país.

A lista que encabeza Seoane, a única que se presentou e foi apoiada por unanimidade, é a seguinte:

  1. SEOANE ÁLVAREZ, Ernesta
  2. CURRÁS RODRÍGUEZ, Noelia
  3. IGLESIAS VALEIRAS, Pablo
  4. LOSADA LÓPEZ, Jorge
  5. MÉNDEZ GALO, Xosé M.
  6. RODRÍGUEZ MOSQUERA, María
  7. RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Nuria
  8. DOBAÑO SALGADO, Erik
  9. FERRO RODRÍGUEZ, Manuel
  10. PÉREZ BERNÁRDEZ, Laura
  11. SOTELO DOMÍNGUEZ, Luís
  12. CAO ARMADA, Ánxela
  13. GRANDE FERNÁNDEZ, Xan Carlos
  14. MELÉNDEZ ALONSO, Marcos
  15. MÉNDEZ PÉREZ, Amavia
  16. PÉREZ VALADO, José Antonio
  17. RODRÍGUEZ PUGA, Leopoldo