O Arenteiro xogará o primeiro partido da Copa do Rei no Espiñedo

O C.D. Arenteiro coñecía a pasada semana cal sería o equipo co que protagonizaría o primeiro encontro da Copa do Rei, na que os veremos debutar esta tempada. O sorteo emparexounos ca S.D. Logroñés, á espera de coñecer máis detalles do encontro.

Publicidade

Hoxe, anunciamos que finalmente, ese primeiro partido será na casa, no campo do Espiñedo, o próximo 1 de decembro, ás 20:30 horas. Dende o clube fan un chamamento a todo o Carballiño para arroupar ó seu equipo neste novo camiño.